InicioEconomíaVigo aproba este venres a ordenanza das VUT e unha nova ordenanza...

Vigo aproba este venres a ordenanza das VUT e unha nova ordenanza reguladora de licenzas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a ordenanza para a implantación e funcionamento das vivendas de uso turístico na cidade, adaptada ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) xa en vigor. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións enviadas aos medios, “a ordenanza establece de forma clara e expresa a obrigatoriedade de contar con título habilitante, como condición previa á explotación da actividade”.

O rexedor puxo en valor que este procedemento outorga “seguridade xurídica” aos titulares e aos veciños, e “garántese a compatibilidade das vivendas turísticas co uso residencial e o dereito á vivenda“. Igualmente, lembrou algúns dos requisitos para as VUT segundo a ordenanza. Así, só poderán implantarse en edificios de uso completo destinado a este fin ou en plantas altas e baixas, sempre que se garanta a independencia de acceso respecto das vivendas residenciais.

Por outra banda, non se permitirá a implantación de vivendas turísticas naquelas que foron obxecto de rehabilitación ou de reformas con axudas públicas, nin nas que conten con algún tipo de protección pública. O Concello poderá declarar, previo estudo e tramitación administrativa, certas áreas, barrios ou rúas como “zonas saturadas ou de intensidade limitada” para o uso de VUT.

Tras a aprobación en Xunta de Goberno, a ordenanza será sometida a aprobación inicial no Pleno e logo pasará por un período de exposición pública e recollida de alegacións, antes de volver ao Pleno para a súa aprobación definitiva.

ORDENANZA REGULADORA DE LICENZAS

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén dará luz verde a unha nova ordenanza reguladora de licenzas, para simplificar a tramitación administrativa. Segundo explicou o rexedor, trátase de axilizar os procedementos relacionados coas licenzas urbanisticas e “fomentar a actividade económica e facilitar a implantación de solucións sustentables”.

Caballero sinalou que isto permite facilitar a execución de obras e actividades de baixo impacto, “permitindo á cidadanía iniciar certos traballos con só presentar unha comunicación previa ou unha declaración responsable, sen necesidade de esperar pola licenza municipal”. Esta reforma afecta especialmente a actuacións menores en vivendas e locais, e á apertura de negocios de baixo risco.

Así mesmo, a ordenanza inclúe novidades en materia de sustentabilidade e de mobilidade regulando, por exemplo, a instalación de puntos de recarga de vehículos e sistemas de enerxía renovables en cubertas de edificios; e garante “a protección do patrimonio e a seguridade das actuacións”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...