InicioSociedadeA borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde só operaron algunhas conexións á primeira hora entre a cidade olívica e os portos de Cangas e Moaña.

Así, o servizo a Cangas estivo a operarse cada media hora entre as 7.00 e as 10.00 horas, e quedou cancelado desde esa hora; mentres que, desde as 10.30 horas, quedaron suspendidas todas as saídas da ruta Vigo-Moaña.

A provincia de Pontevedra está afectada por aviso laranxa no litoral, debido a choivas, vento e ondada; e a alerta é vermella no interior da provincia por choivas.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...