InicioEconomíaAbel Caballero negociará con varias aerolíneas aproveitando a presenza de Vigo en...

Abel Caballero negociará con varias aerolíneas aproveitando a presenza de Vigo en Fitur

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que aproveitará a súa presenza e a da delegación viguesa na feira Fitur para manter contacto con varios responsables de aerolíneas, no marco das negociacións para impulsar novas rutas desde Peinador.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico explicou que, durante a súa presenza en Madrid, manterá reunións con representantes de Vueling, Volotea, Air Nostrum, Binter e Wizz Air. stes encontros produciranse nun momento no que, a pesar de que a terminal viguesa pechou o ano 2025 con incremento de voos e de pasaxeiros, quedouse sen conexións internacionais tras a marcha de Ryanair (que operaba un voo a Londres).

Vigo presentará a súa oferta turística este xoves en Fitur, coa lema ‘Un Nadal de 365 días’, e dará a coñecer tamén o valor da cidade como estudio aberto, cun acto da Vigo Filme Oficce.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...