Un home aceptou penas que suman case 11 anos de prisión e multas por 9.000 euros como autor de varios delitos de inxurias, acoso e ameazas graves proferidas contra varios avogados , xuíces e policías en Vigo. A sentenza foi ditada este martes nunha vista de conformidade celebrada na praza tres da sección penal de Vigo, na que o acusado, R.C.F., recoñeceuse autor dos feitos.
Ademais das penas de prisión e as multas o procesado deberá pagar indemnizacións por máis de 6.000 euros por lesións, danos morais, danos e outros conceptos. O acusado, para o que a Fiscalía pedía inicialmente 25 anos de cárcere, compareceu ante o tribunal procedente de prisión.
