InicioSociedadeO BNG de Vigo esixe reforzar a seguridade das luces de Nadal...

O BNG de Vigo esixe reforzar a seguridade das luces de Nadal ante as “reiteradas caídas” de arcos

O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, denuncia que os bombeiros tiveron que intervir en varios puntos e pide que se fiscalice a resistencia do material ante o vento e a chuvia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo pediu este venres que se reforce a seguridade da iluminación do Nadal “ante as reiteradas caídas de elementos lumínicos e ornamentais nas últimas semanas”. Nun comunicado, a formación nacionalista apuntou que estes incidentes, aínda que non causaron danos graves “polo momento”, supoñen un risco que “revela deficiencias no deseño, execución ou control das instalacións”.

O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que se produciron caídas en zonas como a rúa Brasil, a Florida ou a Avenida de Camelias. Segundo denunciou, os bombeiros tiveron que intervir nalgúns casos “de maneira reiterada nos mesmos puntos da cidade”, o que ao seu xuízo pon de manifesto a “precariedade” do material empregado para colgar as luces. Lembrou ademais que a normativa obriga a que os arcos estean deseñados e ancorados para resistir vento, vibracións e outros “esforzos accidentais”.

Pérez Igrexas advertiu de que non pode haber risco de caída en zonas de tránsito nin cables a altura insuficiente. Por iso, o BNG pedirá ao goberno local que informe das actuacións realizadas e que achegue copia das intervencións da Policía Local e Bombeiros. O voceiro nacionalista exixiu unha vixilancia periódica máis alá da montaxe inicial, especialmente durante os episodios de meteoroloxía adversa.

“Non podemos permitir que as luces de Nadal, que custan case 2,5 millóns de euros cada ano, supoñan un risco para as persoas”, insistiu Pérez Igrexas, quen subliñou que o Concello ten a obriga legal de garantir a seguridade total dos cidadáns na vía pública fronte a estes elementos ornamentais.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...