InicioEconomíaSanidade defende o control sobre Ribera Povisa e acusa ao BNG de...

Sanidade defende o control sobre Ribera Povisa e acusa ao BNG de “oportunismo”

Montserrat Prado cualifica de "actuación criminal" que a empresa privada busque o beneficio á conta da saúde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia acolleu este mércores un tenso debate sobre a xestión de Ribera Povisa en Vigo. A deputada do BNG, Montserrat Prado, esixiu á Xunta transparencia absoluta e que faga público o contido íntegro do contrato co hospital vigués. A petición xorde tras saír á luz unhas gravacións nas que o entón CEO de Ribera Salud suxería a directivos do Hospital de Torrejón (Madrid) rexeitar pacientes ou aumentar as listas de espera para mellorar os beneficios económicos da empresa.

Prado cualificou de “actuación criminal” que unha empresa privada priorice os seus resultados á conta da saúde e denunciou o “escurantismo” da Xunta. “Din que o contrato é público, pero só sabemos o importe, non as esixencias á empresa nin o número de profesionais”, criticou a nacionalista, quen tamén solicitou unha auditoría externa da xestión.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, defendeu que existen mecanismos de control “moi esixentes” para supervisar a actividade de Povisa. Asegurou que este seguimento garante que os pacientes sexan atendidos baixo as mesmas garantías que os usuarios do Sergas e afeou ao BNG o que considera un “oportunismo político” por tratar de trasladar a Galicia unha polémica ocorrida en Madrid.

O titular de Sanidade lembrou que o novo modelo de relación co centro vigués é un contrato de servizos, o que supón que a administración autonómica só paga polos procedementos que son realmente realizados. Estableceuse un tope de 97,4 millóns de euros ao ano, e o conselleiro insistiu en que existe unha unidade específica de supervisión formada por profesionais da área sanitaria de Vigo que realiza un seguimento estrito desde o inicio do acordo.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...