InicioSociedadeDetido por quebrantar por segunda vez a orde de afastamento

Detido por quebrantar por segunda vez a orde de afastamento

O home de 27 anos xa fora xulgado pola mañá por vulnerar a mesma prohibición ditada polo xulgado de violencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 27 anos por vulnerar por segunda vez unha orde xudicial de afastamento da súa exparella. Os feitos tiveron lugar na tarde deste martes. Unha dotación policial que realizaba un control de estacionamento na rúa Urzaiz observou ao home, xa coñecido polos axentes de intervencións anteriores, nun comercio en compañía dunha muller.

A Policía tiña coñecemento de que, esa mesma mañá, xa se celebrara unha vista xudicial por dilixencias previas, precisamente por vulnerar a orde de afastamento da súa exparella. Ao comprobar a identidade da muller no comercio, os axentes confirmaron que se trataba da vítima da que tiña que permanecer afastado.

Tras cotejar os datos de forma telemática, os axentes comprobaron que o home ten en vigor unha prohibición de achegarse a menos de 200 metros da muller e do seu domicilio, así como a prohibición de comunicarse con ela. Estas medidas foron acordadas polo Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, polo que os policías procederon á detención do home.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...