InicioPolíticaO PPdeG exalza a Nidia Arévalo como "exemplo de alcaldesa ambiciosa e...

O PPdeG exalza a Nidia Arévalo como “exemplo de alcaldesa ambiciosa e comprometida” en Mos

A secretaria xeral do PPdeG e Luís López enxalzan a "magnífica xestión" da rexedora durante a cea de Nadal dos 'populares'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PPdeG reivindicou este venres á rexedora de Mos, Nidia Arévalo, como “exemplo de alcaldesa ambiciosa e comprometida”, que “nunca perda a ilusión” por mellorar o seu concello. Así o trasladou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, durante a cea de Nadal dos ‘populares’ de Mos, na que tamén participou o presidente provincial do partido, Luís López, e as conselleiras Marta Villaverde e María Jesús Lorenzana.

Para Paula Prado, a maioría que ostentan Nidia Arévalo e o seu equipo en Mos, pon de manifesto que, cando os cidadáns confían no proxecto do PP, este devolve a confianza “co cumprimento da palabra dada, a estabilidade, o rigor e o ‘sentidiño’ que caracterizan ao partido”.

Mentres, Luís López tamén enxalzou a “magnífica xestión” de Arévalo e a súa “proximidade coa xente” e “capacidade de traballo”. “Mos é un concello mediano como hai moitos en Galicia, pero o PP local conseguiu convertelo nun sitio único, un lugar dinámico e acolledor, que ofrece infinitas oportunidades“, subliñou.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...