InicioPolíticaA Xunta di que non vai "agardar" polo Concello de Vigo para...

A Xunta di que non vai “agardar” polo Concello de Vigo para “potenciar o Ifevi”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, urxiu este martes ao Concello traballar para potenciar o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi): “Non imos seguir esperando máis”. Así o sinalou ante os medios de comunicación antes de asistir a unha reunión do Padroado do Ifevi, onde se dará conta da situación actual do organismo.

Para González, “xa se acabou a espera” tras case un ano desde que se alcanzase un acordo entre Xunta, Concello e Zona Franca para desenvolver no Ifevi un modelo de goberno a tres bandas de forma “equilibrada”. Segundo o conselleiro, sen saber “por que”, este ano o Concello “desmarcouse do acordo”. “Non imos seguir esperando máis. Queremos avanzar na potenciación do Ifevi”, insistiu.

Por iso, reivindicou que o Padroado contará cos usuarios do recinto feiral para desenvolver un Plan Funcional e un Plan Estratéxico do Ifevi. Tamén falou da valoración do prezo de mercado das actuais instalacións, indicando que o achegado pola Xunta supón 20,6 millóns de euros, mentres que ao Concello correspóndenlle 14,9 millóns. Sendo, segundo dixo, unha valoración do propio Padroado, “non da Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...