InicioSucesosUnha persoa intoxicada por un incendio nunha cociña en Vigo

Unha persoa intoxicada por un incendio nunha cociña en Vigo

Os Bombeiros de Vigo sinalaron que ardeu a campá extractora, parte da cociña e o resto da vivenda quedou afectado o fume

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa necesitou ser trasladada tras sufrir unha intoxicación por inhalación de fume en Vigo. A orixe foi un incendio nunha cociña na Rúa Fragoso.

Ás 16,15 horas deste mércores, un veciño contactou co 112 Galicia para avisar dun incendio nun domicilio con persoas no interior.

A pesar de que ninguén parecía necesitar asistencia médica, os axentes da Policía Local chegaron a solicitar a intervención do 061 por tres ocupantes da vivenda con síntomas compatibles cunha intoxicación por inhalación de fume.

Finalmente, só unha persoa tivo que ser evacuada. Os Bombeiros de Vigo sinalaron que ardeu a campá extractora, parte da cociña e o resto da vivenda quedou afectado o fume.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...