InicioSucesosFeridas dúas persoas tras rexistrarse un incendio nunha vivenda de Vigo

Feridas dúas persoas tras rexistrarse un incendio nunha vivenda de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas a un centro sanitario tras rexistrarse un incendio nunha vivenda de Vigo, segundo informou o CIAE 112 Galicia. Os feitos ocorreron sobre as 19.30 horas deste domingo, cando un particular alertou a Emerxencias porque saía fume da azotea dun edificio na rúa Andalucía. Pouco despois, outros particulares chamaron ao 112 para confirmar que tamén había fume nos corredores do inmoble e no patio.

O 112 avisou aos bombeiros da cidade, á Policía Local e á Policía Nacional, ademais do 061. Os servizos extinción apagaron as chamas, que calcinaron o interior dun piso, e os sanitarios trasladaron a dúas persoas a un centro hospitalario con queimaduras.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...