InicioEconomíaConcentracións da CIG ante a sede de CEAGA en Vigo pedindo medidas...

Concentracións da CIG ante a sede de CEAGA en Vigo pedindo medidas ante a “crise” que afecta á automoción

O sindicato nacionalista reclamou un plan industrial para o sector vinculado ao novo PERTE VEC IV, axudas públicas condicionadas á creación e estabilidade no emprego

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes da CIG concentráronse este xoves ante a sede do Cluster de Automoción e Mobilidade de Galicia (CEAGA) para demandar medidas “urxentes” ante o “avance da crise” do sector a automoción galego, e ante “os despedimentos constantes e as paradas na produción”.

Na protesta, que coincidiu cunha nova parada na produción da planta de Stellantis, a responsable de CIG-Industria, María Xosé García, sinalou que “centos de compañeiros e compañeiras” teñen que irse á súa casa debido a ERE ou ERTE, “mentres as empresas continúan recibindo millóns de euros de axudas públicas para proxectos que logo non repercuten no mantemento do emprego”.

Un emprego, denunciou, que “se deslocaliza” cara a países como Portugal, Marrocos ou Alxeria, e lembrou que CEAGA recibiu nos últimos anos “ata 22 millóns de euros só da Xunta”, ademais de fondos europeos e do Goberno de España, mentres se produce unha “crecente precarización e flexibilización das condicións laborais” e unha constante destrución de emprego.

Respecto diso, referiuse a os ERE no CTAG ou en Akwel, e advertiu de que o sector está “nunha situación crítica” e anunciou que a CIG continuará coas mobilizacións para esixir unha política industrial “de país”, que garanta unha automoción “con futuro e con condicións laborais dignas”, unha política “da que carece a Xunta”.

Así, o sindicato nacionalista reclamou un plan industrial para o sector vinculado ao novo PERTE VEC IV, axudas públicas condicionadas á creación e estabilidade no emprego, o “fin dos ERTE abusivos e da precarización”, garantir proxectos de futuro ou investimentos públicos e garantías para a instalación dun novo fabricante de vehículos na PLISAN.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...