InicioVigo e contornaVigoOs radióglos do Chuvi seguen en folga indefinida ante outra proposta "insuficiente"...

Os radióglos do Chuvi seguen en folga indefinida ante outra proposta “insuficiente” do Sergas

A nova proposta verbal da xerencia da área sanitaria consiste nun terceiro radiólogo os luns e, de martes a venres, dependendo do ano de formación do residente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os radiólogos do Chuvi, en folga indefinida desde o pasado 6 de outubro para reclamar máis persoal durante as quendas de garda, rexeitaron unha nova oferta do Sergas para reforzar o servizo por cualificala de “insuficiente” e manteñen o seu paro.

Segundo trasladaron a Europa Press, a nova proposta verbal da xerencia da área sanitaria consiste nun terceiro radiólogo os luns e, de martes a venres, dependendo do ano de formación do residente.

“Consideramos insuficiente esta medida. O residente é un médico en formación, e seguimos tendo o mesmo problema o fin de semana”, advertiron desde o sindicato O’Mega, antes de confirmar que, con estas formulacións, mantense a folga indefinida.

Así mesmo, manteñen tamén a concentración convocada para o vindeiro luns, 20 de outubro ás 19.00 horas fronte ao museo Marco de Vigo.

No servizo de Radioloxía da área sanitaria hai 27 radiólogos que fan gardas, dos que 25 están a secundar o paro. Esta protesta leva á suspensión de case un centenar de probas cada día. Cada día hai tres radiólogos de garda (un non presencial) e o colectivo reclama un máis, ante o crecemento da demanda nos últimos anos.

Sanidade alega dificultades para reforzar o servizo (que ten cinco vacantes) pola falta de profesionais, e sinala que unha terceira garda presencial significa un médico menos para facer probas cada día, o que prexudica o desenvolvemento normal do Servizo.

Tras o rexeitamento da proposta da dirección da área sanitaria de Vigo por parte do comité de folga, o Sergas limitouse a informar de que seguirá “traballando para desbloquear este conflito nos próximos días”.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...