InicioPolíticaCaballero a grandes empresas: "Hai que reducir o consumo de auga"

Caballero a grandes empresas: “Hai que reducir o consumo de auga”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu cartas a empresas e grandes consumidores para pedir que reduzan o consumo de auga e fagan uso responsable dos recursos, ante o baixo nivel de ocupación da presa de Eiras. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico apuntou que o nivel do encoro que abastece a Vigo e a outros municipios da contorna está no 50 % e “hai que prever que non haxa choivas suficientes de forma inmediata”, polo que avogou por seguir tomando medidas.

Nese sentido, confirmou o envío dunha carta ao sector empresarial e aos grandes consumidores “para pedir consumo de auga responsable”. “Teñen que conseguir a redución do consumo, temos que tratar de economizar porque non temos auga e a presa de Eiras neste momento ten xa menos de 100 días de capacidade de auga”, incidiu.

Tras volver lembrar que a gravidade da situación paliouse pola posta en marcha da nova potabilizadora, cun investimento de 23 millóns de euros (“porque se non, neste momento estariamos a tremer”), volveu a cuestionar o papel da Xunta. Segundo Abel Caballero, o goberno galego “non fai nada”, e criticou que non reduza o caudal ecolóxico da presa. “Ás veces teño a impresión de que o fan adrede (…) porque nin ao que asou a manteiga ocorréuselle unha cousa así”, censurou.

Por outra banda, reiterou tamén o chamamento aos municipios que reciben auga de Eiras (Soutomaior, Redondela, O Porriño, Mos, Salceda, Nigrán, Gondomar, Moaña e Cangas) para que “economicen auga”. “E a Xunta di que non hai ningún problema, que eles garanten. Que garante a Xunta? Quen garante en Vigo?“, indicou, de novo en alusión ao investimento na potabilizadora. “Grazas a Vigo, porque se é a Xunta a que garante voulle a cancelar a entrevista ao alcalde de Baiona”, engadiu, en referencia á petición de rexedor Baionés para que Vigo poida abastecer de auga este concello.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo estalla contra Educación por instalar un ciclo de FP “nun galpón” do IES República Oriental do Uruguai

Nova fronte de conflito entre a oposición nacionalista e a Consellería de Educación polas...

O Marisquiño pecha o seu cartel musical con máis de 40 artistas e Samil como epicentro urbano

O festival de cultura urbana máis importante do norte peninsular xa ten lista a...

Catro acusados de dar unha malleira a un ancián de 92 anos en Vigo aceptan penas de ata 5 anos e medio de cárcere

Os catro acusados de agredir un veciño de Vigo de 92 anos na súa...

A xustiza avala a redución de prazas concertadas no colexio Compañía de María de Vigo

A xuíza da praza 2 da sección contencioso-administrativa do Tribunal de Instancia de Pontevedra...