InicioEconomíaA conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico insistiu na necesidade de xestionar o servizo a través dunha empresa mixta, que utilice trens bitensión e permita ampliar a conexión ata A Coruña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de Vigo e O Porto, recuperará a súa conexión directa a partir do próximo mes de decembro.

Nun comunicado, o organismo asegurou que Comboios de Portugal volverá conectar a cidade olívica co Porto de forma directa, sen necesidade de facer transbordo en Viana do Castelo.

“Debido ás xestións do presidente do Eixo, Luís Noble, ante Comboios de Portugal (CP), e tras as conversacións telefónicas mantidas co presidente da compañía ferroviaria, Pedro Moreira, confirmouse que o servizo internacional do Tren Celta entre Porto e Vigo renovarase en decembro de 2025, sen necesidade de transbordo en Viana do Castelo”, apuntou o Eixo.

A decisión de implementar temporalmente o transbordo respondeu a dous factores, segundo explican: o atraso nas obras de electrificación da liña do Algarve e a dispoñibilidade limitada de automotoras da serie 592, alugadas a Renfe, que alcanzaban o límite contractual de uso.

O Eixo Atlántico insistiu na necesidade de xestionar o servizo a través dunha empresa mixta, que utilice trens bitensión e permita ampliar a conexión ata A Coruña.

“Así mesmo, o Eixo Atlántico non descarta a opción de que, se o servizo non mellora, se contacte con operadores privados para avaliar o seu interese en prestar servizo nesta liña, tal como no seu momento solicitou Avanza. Esta solicitude foi aprobada inicialmente, pero quedou sen efecto debido á reestruturación de Avanza na Península Ibérica”, apuntou.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...