InicioSociedadeA Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta ao goberno municipal da cidade olívica para solicitar unha moratoria de licenzas para vivendas de uso turístico (VUT) e, aínda que valorou positivamente o anuncio dunha ordenanza para regular estes aloxamentos, advertiu de que debe ir "na dirección de limitar e regulgar a expansión" deste tipo de vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta ao goberno municipal da cidade olívica para solicitar unha moratoria de licenzas para vivendas de uso turístico (VUT) e, aínda que valorou positivamente o anuncio dunha ordenanza para regular estes aloxamentos, advertiu de que debe ir “na dirección de limitar e regulgar a expansión” deste tipo de vivendas.

A Plataforma subliñou a importancia de “acabar con este uso ultraespeculativo da vivenda”, para permitir que os veciños sigan vivindo nos seus barrios, e lembrou que hai unha proliferación “incontrolada” de VUT e apartamentos turísticos, o que xera unha presión sobre o mercado de aluguer, dificultade de acceso á vivenda habitual e conflitos de convivencia entre residentes e turistas.

O documento inicial da ordenanza inclúe medidas como a clasificación como uso terciario hoteleiro, a necesidade dunha entrada independente, a limitación por zonas, cotas máximas por edificio ou sistema de inspección e control, pero a Plataforma advertiu de que a limitación só de determinadas zonas producirá “efecto contaxio” e trasladará o problema a outros barrios. A isto súmase o problema que supón que aumentan os edificios dedicados de maneira total a VUT.

Por iso, na súa carta ao Concello, reclaman unha moratoria para este tipo de actividade en todo o municipio, que debe estenderse “ata que se resolva o problema de acceso a unha vivenda digna, estable e asumible”, sinalou Juan Medela, portavoz do colectivo.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...