InicioSociedadeCalor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Os sindicatos alertan de riscos para saúde e vulneración da normativa laboral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos JUPOL e CSIF denunciaron ante a Inspección de Traballo a situación que se vive na Comisaría de Policía Nacional de Vigo, con temperaturas extremas debido ao deficiente funcionamento da climatización, e que chegaron a superar os 35 graos este verán.

A través dun comunicado, os sindicatos lembraron que se está expondo aos traballadores e aos cidadáns a moi altas temperaturas, lonxe das recomendadas e das que fixa a normativa de prevención de riscos laborais. Unha situación que veñen denunciando desde hai semanas tanto estas organizacións como outras, con protestas como a concentración levada a cabo a principios de xullo fronte ás instalacións policiais.

Ademais da “calor sufocante”, engadiron que, no inverno, as temperaturas chegaron a baixar ata os 5 °C, cun sistema de climatización “avariado desde hai anos”. “A reparación, cifrada nuns 50.000 euros segue sen executarse a día de hoxe”, denunciaron, e explicaron que a estrutura do edificio, con grandes cristaleiras e pouca ventilación, agrava o problema “e provoca tensión térmica, que produce síntomas como fatiga, mareos ou problemas respiratorios, especialmente perigosos para persoas con patoloxías previas”.

Os sindicatos advertiron de que este non é un problema puntual, senón que se trata dunha “vulneración continuada da normativa laboral e dos dereitos básicos dos traballadores”, polo que esixen unha “actuación urxente” por parte da Inspección de Traballo.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...