InicioSucesosPiden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual...

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

Ademais da pena de prisión, o ministerio público solicita a medida de liberdade vixiada durante 5 anos, a executar tras a saída do cárcere.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este mércores un xuízo contra un acusado dun delito de agresión sexual sobre un menor de 16 anos, para quen a Fiscalía pide 4 anos e 9 meses de cárcere. Os feitos ocorreron no domicilio do acusado en novembro de 2023, no partido xudicial de Vigo. Ademais da pena de prisión, o ministerio público solicita a medida de liberdade vixiada durante 5 anos, a executar tras a saída do cárcere.

Igualmente, pide a súa inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade, tutela, curatela garda ou acollemento durante 5 anos; e a inhabilitación para calquera oficio ou profesión que implique contacto con menores por un tempo superior en 5 anos ao da pena de prisión. Finalmente, solicita que se lle prohiba achegarse á vítima durante 5 anos e comunicarse con ela por calquera medio por un período superior en 5 anos á duración da pena de prisión, e que a indemnice en 8.000 euros.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...