InicioSucesosConfirmados sete anos de cárcere ao autor dunha agresión sexual a outro...

Confirmados sete anos de cárcere ao autor dunha agresión sexual a outro en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra na que condenou a sete anos de cárcere ao autor dunha agresión sexual a outro home e dun roubo no parking da rúa Rosalía de Castro, en Vigo.

A Sala considerouno responsable dun delito de agresión sexual con penetración anal, polo que lle impuxo cinco anos de prisión, e dun delito de roubo con violencia, polo que o condenou a dous anos de cárcere. Ademais, o tribunal impúxolle a medida de liberdade vixiada durante cinco anos, a executar con posterioridade ao cumprimento da pena de prisión, e a prohibición, durante dez anos, de comunicarse e aproximarse á vítima, así como o pago dunha indemnización de 9.000 euros.

Os maxistrados da Audiencia Provincial consideraron probado na sentenza, agora confirmada polo TSXG, que o procesado atopouse ao afectado, ao que non coñecía, na rúa Rosalía de Castro durante a madrugada do 29 de maio de 2022 e convidouno a consumir cocaína.

Con ese obxectivo, segundo consta no fallo, ambos baixaron aos baños do aparcadoiro subterráneo e, unha vez alí, o condenado agrediuno sexualmente. Cando a vítima caeu ao chan, o acusado fuxiu do lugar, levando o seu teléfono móbil. Instantes despois foi detido e, durante o cacheo, intervéuselle o terminal subtraído.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

O Sergas abre un procedemento de control sobre Povisa tras denuncias por falta de médicos

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou un procedemento interno de control para verificar...

Stellantis Vigo amplía a súa parada de produción pola falta de pezas debido ao temporal

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis ampliou a súa parada de produción pola...

Vigo aproba este venres a ordenanza das VUT e unha nova ordenanza reguladora de licenzas

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a ordenanza para a...