InicioSociedadeAs melloras no Ifevi agardan pola firma do Concello de Vigo e...

As melloras no Ifevi agardan pola firma do Concello de Vigo e da Zona Franca

A Xunta de Galicia insistiu este xoves en que existe un acordo desde finais do ano pasado para a ampliación e mellora da xestión do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia insistiu este xoves en que existe un acordo desde finais do ano pasado para a ampliación e mellora da xestión do Instituto Ferial de Vigo (Ifevi), e que a administración autonómica está disposta a asinar o convenio “mañá mesmo”, pero son o Concello e a Zona Franca as institucións que non o fan. Así o trasladou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, cuxo departamento se encarga deste recinto feiral, en declaracións aos medios con motivo da súa intervención nun acto na cidade olívica.

O conselleiro sinalou que non lle causa sorpresa a actitude do alcalde (que rexeita ese convenio e reclama unha valoración independente sobre a achega de cada administración no Ifevi) “porque é o que fai habitualmente”. “No caso do Ifevi, prefire escribir un absurdo serial en lugar de pór a súa firma nun acordo que xa está alcanzado desde finais de 2024”, apuntou. Segundo lembrou, o pacto alcanzado contemplaba a entrada no padroado da Zona Franca cunha achega de 18 millóns de euros, mentres que Xunta e Concello puñan as instalacións. Ademais, establecíase que o Ifevi estaría xestionado polas tres institucións “de forma igualitaria”.

Por iso, quixo enviar unha mensaxe aos usuarios do Instituto, especialmente a Conxemar, que esta semana volvía urxir un acordo para acometer a ampliación do recinto. “Non se trata de pedir que se poñan de acordo as administracións. Aquí xa hai un acordo, o que falta é que se asine por parte de dúas desas institucións, o Concello e Zona Franca (ambas presididas por Abel Caballero)”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...