InicioEconomíaCirurxiáns do Álvaro Cunqueiro de Vigo extirpan un tumor de próstata cunha...

Cirurxiáns do Álvaro Cunqueiro de Vigo extirpan un tumor de próstata cunha soa incisión por primeira vez no mundo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo de Urología do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo levou a cabo unha cirurxía pioneira, ao lograr extirpar, por primeira vez no mundo, un tumor de próstata cunha soa incisión, o que supón un antes e un despois na cirurxía robótica. A operación, unha prostatectomía radical, levou a cabo coa plataforma robótica Da Vinci Xi, cunha única e pequena incisión abdominal, o que permite unha menor dor postoperatoria e menor risco de infección.

Nos procedementos robóticos convencionais, adóitanse empregar varias incisiones para introducir os diferentes brazos do robot e a cámara, pero neste caso o equipo médico empregou un porto especial que permitiu acceder con todos os instrumentos pola mesma abertura.

O xefe do Servizo de Uroloxía, Enrique Cespón, destacou que “conseguir extirpar o tumor cunha soa incisión reduce ao mínimo a agresión cirúrxica”. Este fito foi posible grazas á ampla experiencia do hospital vigués na cirurxía robótica. Así, o Álvaro Cunqueiro incorporou a plataforma Da Vinci Xi en 2021 e, desde entón, leváronse a cabo máis de 400 procedementos urológicos.

Actualmente, o Servizo de Uroloxía realiza a prostatectomía radical mediante un acceso extraperitoneal, é dicir, sen abrir a cavidade na que se localiza o intestino e a súa experiencia permítelle abordar casos extremadamente complexos minimizando a agresión durante o procedemento. O principal beneficiado é o paciente, xa que a súa recuperación é máis rápida e segura.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...