InicioMovementos SociaisBanco de Alimentos busca 800 voluntarios na provincia de Pontevedra para os...

Banco de Alimentos busca 800 voluntarios na provincia de Pontevedra para os dous últimos fin de semana de maio

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo busca máis de 800 voluntarios para dúas campañas de recollida de comida que levará a cabo os dous últimos fin de semana deste mes de maio.

En concreto, o 23 e 24 de maio Banco de Alimentos organizará a Recollida Primavera en tendas Alcampo e Carrefour de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Mos, Cangas e Lalín, mentres que o Maio Solidario de Gadis será os días 30 e 31 en Vigo, Pontevedra, Nigrán, Mos, Ponteareas, Marín, Bueu, Tui, Vilagarcía, Cambados e Lalín.

Segundo informou a entidade, serán a únicas ‘Operación quilo’ que se celebren ata a tradicional Gran Recollida, prevista o próximo novembro. De aí a “especial relevancia” que terán ditas accións para a provisión de alimentos básicos non perecedoiros para fornecer a unhas 20.000 persoas durante o verán e principios do outono.

Nesta ocasión, durante a Recollida Primavera, Banco de Alimentos contará coa axuda da Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat), que se encargará de transportar todas as doazóns físicas ata o almacén de Lavadores, en Vigo.

Outras cadeas de alimentación como Mercadona, El Corte Inglés, Lidl e DIA tamén se sumarán á Recollida Primavera, aínda que só permitirán doazóns económicas ao pasar por caixa. Durante o Maio Solidario de Gadis, alumnado de varios centros educativos da provincia botarán unha man como voluntarios, así como usuarios de distintos colectivos de inclusión e tamén axentes da Subdelegación de Acción Social da Garda Civil de Pontevedra.

Para ser voluntario e participar nestas campañas solidarias previstas este mes de maio só necesítase dispor de 4 horas e darse de alta en ‘www.bancoalimentosvigo.org‘ ou chamar ao 986 26 30 22.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...