InicioSucesosPiden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo. O caso, que procede do Xulgado de Instrución Nº4 de Vigo, xulgarase este martes ás 9.45 horas na Sección 5 da Audiencia Provincial de Pontevedra. Segundo explica o Ministerio Fiscal no seu escrito de cualificación, a Garda Civil de Baiona tivo coñecemento de que o acusado se dedicaba á venda de sustancias estupefacientes no seu domicilio, na rúa, e no bar que rexentaba.

Establecidas as vixilancias, o 3 de febreiro de 2022 sobre as 20.15 horas, no interior do vehículo que conducía por Baiona, entregou a cambio de diñeiro a outro unha bolsita plástica que contiña unha sustancia que debidamente analizada resultou ser cocaína, adulterada con piracetam, cun peso neto de 0’643 gramos, unha riqueza de 79’65% e un valor de 39’39 euros.

Á vista do anterior e das informacións que chegaban aos axentes de que vendía sustancias estupefacientes mentres traballaba, o 22 de outubro de 2022 sobre as 00.30 horas produciuse unha inspección no seu bar. Alí incautáronlle ao acusado no peto do pantalón unha bulsa plástica que contiña unha sustancia que debidamente analizada resultou ser cocaína, adulterada con piracetam, cun peso neto de 2’587 gramos, unha riqueza de 82,35% e un valor de 158,50 euros.

Na cociña, á beira da barra, había unha báscula de precisión, con restos de po branco, unha bolsa plástica, así como dous envoltorios de plásticos que contiñan unha sustancia que debidamente analizada resultou ser nun deles cocaína adulterada con piracetam, cun peso neto de 0,314 gramos, unha riqueza de 77,21% e un valor de 19,23 euros, e o outro resultou ser cocaína cunha riqueza inferior ao 1% adulterada con manitol, cun peso neto de 0,384 gramos, e un valor de 23,52 euros. Aos clientes que se atopaban no bar tamén se lles incautaron sustancias que adquiriran alí.

A Fiscalía considera que os feitos narrados son constitutivos dun delito de tráfico de drogas en establecemento aberto ao público, polo que piden para el a pena de sete anos de cárcere e unha multa de 1.000 euros.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...