InicioEconomíaZona Franca busca novo emprazamento para o World Car Center despois do...

Zona Franca busca novo emprazamento para o World Car Center despois do informe desfavorable de Augas de Galicia

"O Estudo de Detalle foi a aprobación definitiva en decembro de 2022, publicouse no DOG e remitiuse aos organismos, incluído Augas de Galicia, sen que conste tampouco recurso algún contra o mesmo", engade Zona Franca

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Zona Franca de Vigo busca unha localización alternativa para o World Car Center tras o informe desfavorable de Augas de Galicia para desenvolver este Centro de Automoción nunha parcela da Avenida de Portanet.

Segundo explica o Consorcio, foi en 2020 cando se realizou unha consulta a Augas de Galicia que foi contestada favorablemente sobre a viabilidade da parcela de Portanet para realizar o WCC.

Á vista disto, a Zona Franca puxo en marcha a tramitación do Estudo de Detalle que foi remitido a Augas de Galicia, confirmándose a viabilidade mediante silencio administrativo favorable. “O Estudo de Detalle foi a aprobación definitiva en decembro de 2022, publicouse no DOG e remitiuse aos organismos, incluído Augas de Galicia, sen que conste tampouco recurso algún contra o mesmo”, engade Zona Franca.

Por iso, o Consorcio encargou o proxecto de execución e presentou a solicitude ante Augas de Galicia da autorización previa á licenza, “coa seguridade de que sería aprobada á vista das consultas anteriores xa descritas”. “É só entón cando en xuño de 2024 Augas de Galicia, fronte ao criterio mantido ata ese momento, emite informe desfavorable”, lamenta Zona Franca.

“Desde xuño ata agora estudáronse diferentes alternativas técnicas para tentar adaptar o proxecto ás novas esixencias, concluíndo que eran inviables. Como consecuencia de todo o acontecido, a Zona Franca de Vigo explora xa un novo emprazamento para o WCC na contorna do Polígono de Balaídos, centro do HUB automobilístico do noroeste e o máis importante de España”, sentencia o Consorcio.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...