InicioPolíticaCaballero di que a Xunta "mente" sobre as obras na cidade: "o...

Caballero di que a Xunta “mente” sobre as obras na cidade: “o túnel de Elduayen está parado”

Tanto o alcalde vigués como o goberno galego acúsanse mutuamente de buscar a confrontación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a Xunta de Galicia volveron a protagonizar este xoves unha nova lea sobre o trato que recibe a cidade olívica, acusándose mutuamente de querer confrontar.

Noutro audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor manifestou que o Executivo autonómico “mente” sobre as obras na cidade, asegurando que o túnel de Elduayen está “parado” polo Executivo autonómico, do mesmo xeito que o túnel de Beiramar.

Ademais, Caballero asegurou que “todo o está parando a Xunta e o que hai que pagar, págao Vigo”, referíndose, entre outros proxectos, a un parque infantil que se pretende desenvolver no Berbés.

Pola súa banda, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, lamentou que o goberno local busque “confrontación”, lembrando que hai un ano o presidente galego, Alfonso Rueda, reuniuse con Caballero, chegando a acordos sobre temas “fundamentais” como a ETEA ou os túneles de Beiramar e Elduayen. Precisamente este último conta cunha partida nos orzamentos autonómicos deste 2025.

Allegue dixo que esta mesma semana Rueda “tendeu a man” ao Concello de Vigo para chegar a acordos, pero “sorpresivamente” Caballero “parece que busca confrontación”. “O alcalde non quere diálogo coa Xunta”, sentenciou.

Na mesma liña falou a presidenta do PP local, Luisa Sánchez, que pediu a Caballero que “deixe ao carón a confrontación“, criticando que dinamitase un posible entendemento con Rueda ao “desprezar” o ofrecemento do presidente autonómico. “Queda claro quen pon os problemas”, dixo.

ÚLTIMAS

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...

Vigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos de España

O proxecto Sparc e a fábrica de semiconductores fotónicos que se está a construír...

Vigo investirá máis de 2 millóns nunha exposición inmersiva sobre Julio Verne que despois viaxará a París

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...