InicioSucesosElectrocutado un operario en Vigo que quedou con feridas graves

Electrocutado un operario en Vigo que quedou con feridas graves

O estado do ferido "é moi delicado"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un traballador resultou ferido de gravidade tras tocar un cable de mediana ou alta tensión cando traballaba sobre un tellado desde unha plataforma elevadora no número 24 da estrada Miraflores, en Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, varias persoas viron sobre as 09.30 horas ao operario desmaiado sobre o guindastre e procederon a chamar á central de emerxencias.

Con estes datos, os operadores mobilizaron aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e Nacional e aos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias lograron reanimar e estabilizar ao ferido, que posteriormente foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, aínda que os axentes indicaban que o estado da vítima era “moi delicado”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...