InicioMovementos SociaisA Federación Veciñal de Vigo estuda acudir aos tribunais para denunciar o...

A Federación Veciñal de Vigo estuda acudir aos tribunais para denunciar o desaloxo “unilateral” da súa sede

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Veciños ‘Eduardo Chao’ de Vigo (Favec) decidirá en asemblea este xoves se acode aos tribunais para denuciar ao Concello olívico polo desaloxo da súa sede, unhas oficinas que a organización veciñal ocupou durante varias décadas, e das que saíu fai uns 4 anos con motivo dunhas obras, ata que a pasada semana culminouse o desaloxo definitivo.

Segundo informou a Favec a través dun comunicado, con este desaloxo, o Concello incumpre o convenio asinado en 2004, polo cal se cedía o uso do local á entidade durante un prazo de 25 anos. “Primeiro o Concello pechou a sede da Federación coa escusa das obras executadas na planta baixa que, en realidade, nunca afectaron as oficinas da Favec, e agora remata a operación resolvendo unilateralmente o convenio e desaloxando á Favec co único obxectivo de que a Federación cese totalmente a súa actividade”, denunciou a entidade.

Así mesmo, advertiu de que “o único interese” do alcalde, Abel Caballero, é “acabar coa voz crítica” da Federación e de todo o movemento asociativo veciñal “porque lle fai sombre e pon de manifesto os seus erros de xestión e mala administración”. No entanto, a Favec subliñou que estas “manobras” non van á acabar co labor social da entidade veciñal “nin coa denuncia pública de todas as actuacións do Concello ilegais e contrarias ao interese xeral”.

Por iso, nunha asemblea que se celebrará na tarde deste xoves, a Federación votará a posibilidade de acudir aos tribunais para reclamar a anulación dese desaloxo e a indemnización que corresponda.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...