InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Porto de Vigo celebra a Bandeira Azul recibida polo carreiro creado...

O Porto de Vigo celebra a Bandeira Azul recibida polo carreiro creado na fachada marítima

A entrega deste recoñecemento ao Porto olívico tivo lugar na mañá deste mércores en Murcia, nun acto celebrado no Instituto de Turismo e organizado pola propia Adeac e o Goberno da Rexión de Murcia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo celebrou a Bandeira Azul recibida polo seu carreiro sustentable de case 7,5 quilómetros de lonxitude na fachada marítima concedida pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac).

A entrega deste recoñecemento ao Porto olívico tivo lugar na mañá deste mércores en Murcia, nun acto celebrado no Instituto de Turismo e organizado pola propia Adeac e o Goberno da Rexión de Murcia.

Galicia é a Comunidade Autónoma que recibiu máis galardóns nesta edición, cun total de 54, e dentro desta, a provincia de Pontevedra consolida 32, entre os que está unha nova incorporación: o carreiro ‘Camiñando polo Porto de Vigo’.

Segundo reivindica o Porto, trátase dun itinerario de 7,4 km de lonxitude que percorre toda a fronte marítima, desde a Praza da Estrela ata o Paseo dos Peixes, en Bouzas, “onde os vigueses e turistas terán a oportunidade de coñecer os elementos culturais e ambientais máis destacables que se atopan ao longo do percorrido, promovendo, desta forma, o patrimonio portuario”.

Para iso, instalaranse diferentes paneis informativos que permitirán coñecer a orixe e o desenvolvemento do Porto, así como a súa relación co crecemento da cidade.

“Queremos seguir traballando xuntos para preservar e promover a historia, a beleza e o valor do noso Porto”, destacou o máximo responsable portuario, Carlos Botana.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...