InicioVigo e contornaVigoO PP de Vigo pide que Caballero "rectifique" e faga unha biblioteca...

O PP de Vigo pide que Caballero “rectifique” e faga unha biblioteca en Teis, non unha sala de lectura

O portavoz 'popular', Miguel Martín, sinalou que o proxecto arquitectónico aprobado contempla a construción dunha sala de lectura, sen préstamo de libros nin servizo bibliotecario, "por moito que diga Caballero"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo pediu este venres ao goberno de Abel Caballero que “rectifique” e constrúa no barrio de Teis unha biblioteca, tal e como demandan os veciños, en lugar da sala de lectura cuxo proxecto foi aprobado en Xunta de Goberno.

Nunha rolda de prensa, o portavoz ‘popular’, Miguel Martín, sinalou que o proxecto arquitectónico aprobado contempla a construción dunha sala de lectura, sen préstamo de libros nin servizo bibliotecario, “por moito que diga Caballero”. De feito, o documento leva por título ‘Proxecto de edificio para uso da sala de lectura’, e reflicte que as obras consisten na demolición do actual edificio, na rúa Enrique Lorenzo, para “construír un máis actual para uso de sala de lectura”.

Por iso, o concelleiro do PP censurou ao alcalde por incumprir a promesa que fixo ao barrio de Teis, dunha infraestrutura “con todas as dotacións propias dunha biblioteca”, e esixiulle que “deixe de enganar aos veciños”, que chegaron a recoller máis de 3.500 firmas demandando “unha biblioteca de verdade”.

Tras preguntar a Caballero “que medo ten a chamar ás cousas polo seu nome”, Martín lembrou que os datos de usuarios de biblioteca municipal Xosé Neira Vilas evidencia a demanda e a necesidade de novas dotacións deste tipo.

Por outra banda, o portavoz do grupo ‘popular’ sinalou que, dado que as obras en Teis estenderanse polo menos 17 meses, unha parte substancial da partida económica recollida no orzamento de 2025 terá que pasar ao próximo exercicio. “E Caballero volverá contala como un novo investimento do seu goberno nesta cidade, cando a realidade é que estamos ante unha nova inejecución orzamentaria”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo planta cara á Xunta polo grao de Medicina: o pleno reproba a descentralización e reabre a batalla universitaria

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do grupo socialista...

SOS Sanidade Pública planea lanzarse ás rúas de Vigo contra o “macrocentro” pediátrico

SOS Sanidade Pública planea unha manifestación en Vigo contra a concentración do servizo de...

Tres responsables do estaleiro vigués Cardama enfróntanse a prisión por un accidente laboral mortal ocorrido en 2022

O xulgado do Penal 2 de Vigo acollerá este xoves unha vista contra tres...

Vigo énchese polo Nadal: ocupación hotelera do 90 % e Caballero presume de “revolución económica”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou o "cheo total" do Nadal na cidade,...