InicioVigo e contornaVigoBNG de Vigo: Abel Caballero é un "alcalde leñador" polas "tallas masivas"...

BNG de Vigo: Abel Caballero é un “alcalde leñador” polas “tallas masivas” de árbores “sas”

Nun audio enviado aos medios de comunicación, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou estas tallas e podas que "mutilan" árbores, solicitando ao Concello que cese na súa "política arboricida", que é un "suicidio" en termos ambientais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo chamou “alcalde leñador” ao rexedor da cidade, Abel Caballero, polas “tallas masivas” de árbores “sas”, pedíndolle explicacións pola eliminación de exemplares en zonas como a rúa Florida ou o Castro.

Nun audio enviado aos medios de comunicación, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou estas tallas e podas que “mutilan” árbores, solicitando ao Concello que cese na súa “política arboricida”, que é un “suicidio” en termos ambientais.

Así, tamén urxiu un plan municipal de protección do arborado urbano e unha actualización da ordenanza municipal de medioambiente.

Igrexas lembrou que as árbores melloran as condicións de habitabilidade das cidades, reclamando que nin as obras nin motivos estéticos poden supor talla de árbores que, “no mellor dos casos, son substituídos por outros moito máis pequenos e con menos beneficios ambientais”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...