InicioVigo e contornaVigoEncontro de Cámaras de Comercio en Vigo para o mes de marzo...

Encontro de Cámaras de Comercio en Vigo para o mes de marzo no que se abordará a intercomunicabilidade territorial

"Todo o que ten que ver coas infraestruturas da cidade, o AVE directo a Madrid por Cerdedo, a autovía A-52 e o aeroporto vai ter un papel central nesta conferencia", asegurou Abel Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo acollerá no mes de marzo un encontro de Cámaras de Comercio dos diferentes territorios do arco atlántico, no que se abordará a cuestión da intercomunicabilidade, con asuntos como as infraestruturas, a enerxía eólica ou o hidróxeno verde sobre a mesa.

Así o avanzou o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios tras manter unha reunión con responsables da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Segundo sinalou o rexedor na cita de marzo de falará das conexións territoriais, incluído o norte de Portugal, e haberá un “apartado específico” para abordar as comunicacións de Vigo co resto de Europa. “Todo o que ten que ver coas infraestruturas da cidade, o AVE directo a Madrid por Cerdedo, a autovía A-52 e o aeroporto vai ter un papel central nesta conferencia”, asegurou.

Igualmente, indicou que esta cita será unha boa oportunidade para que a cidade fale da súa situación e dos seus obxectivos en materia de infraestruturas de comunicación, de transporte de mercadorías ou de loxística.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...