InicioEconomíaEstas son as novas tarifas do Vitrasa: billete ordinario a 1,63 euros...

Estas son as novas tarifas do Vitrasa: billete ordinario a 1,63 euros e bonificado a 0,56

PUBLICADO O

- Advertisement -

As novas tarifas do bus urbano de Vigo, servizo que presta a concesionaria Vitrasa, entrarán en vigor este mércores, segundo confirmou a empresa nun comunicado, unha vez que a Comisión de Prezos da Xunta deu luz verde á proposta de incremento remitida polo goberno local.

Así, o billete ordinario do bus pasará de 1,57 a 1,63 euros, mentres que o billete bonificado, para usuarios do cartón Pass Vigo, custará 0,56 euros (ata agora eran 0,53 euros).

Ademais, tamén terán viaxes subvencionadas os usuarios do cartón Pass Vigo que sexan estudantes (0,54 euros), universitarios (0,42 euros), e beneficiarios de tarifa social (0,46 euros). Os pensionistas e persoas con mobilidade reducida (e os seus acompañantes) seguirán viaxando gratis. Estes prezos, en vigor para este 2025, inclúen a bonificación sufragada polo Concello de Vigo e tamén a subvención do Ministerio de Transportes e Mobilidade Reducida.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...