InicioSociedadeCentenares de persoas maniféstanse en Vigo para denunciar a privatización e precarización...

Centenares de persoas maniféstanse en Vigo para denunciar a privatización e precarización dos servizos públicos

Centenares de persoas manifestáronse na tarde deste xoves en Vigo para esixir "máis recursos e menos recortes" para os servizos públicos, en especial aqueles relacionados coa atención á diversidade na educación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centenares de persoas manifestáronse na tarde deste xoves en Vigo para esixir “máis recursos e menos recortes” para os servizos públicos, en especial aqueles relacionados coa atención á diversidade na educación. Convocados pola Federación Olívica de Anpas (Foanpas); os sindicatos STEG, CIG e CUT, e a plataforma Adoece (de familias con mozas con problemas de saúde mental), entre outros colectivos, os manifestantes saíron á rúa, pese ao frío, para pedir uns mellores servizos públicos que, segundo din, son a “garantía da calidade democrática e da xustiza dun país”.

Precedidos por unha pancarta que rezaba ‘En defensa dos servizos públicos. Non aos recortes’, gritaron consignias como ‘Menos recortes, máis recursos’; ‘Servizos públicos e de calidade’, ou ‘O público é servizo, o privado é beneficio’.Tras partir pasados uns minutos das 19.00 horas do cruzamento de Vía Norte con Urzaiz, baixaron camiñando ata a rúa Colón. Alí, leron un manifesto no que se reivindica a liberdade como “a sabedoría de repartir os recursos con xustiza e equidade para que todos vivan ben”.

“Os recortes e as mal chamadas políticas de austeridade levan dúas décadas deteriorando a calidade dos servizos e precarizando aos traballadores. Esta situación na enseñaza ten consecuencias moi graves para a sociedade dun futuro próximo, pois afecta as persoas chamadas a ser as donas do futuro, os nenos”, lamentaron.

“FALTA DE RECURSOS”

En concreto, os máis afectados, segundo dixeron, son aqueles con necesidades educativas especiais, “que sofren de forma moi drástica a falta de recursos”, solicitando unha redución dos cocientes en escolas e institutos.Respecto diso, a presidenta de Foanpas, Iria Salvande, lamentou a “deterioración” dos servizos públicos, pondo o foco en que os colexios da cidade seguen sen a profesionais PT (Pedagoxía Terapéutica) e Ao (Audición e Linguaxe) que necesitan para cubrir a demanda, e subliñou que, á marxe do chamado Plan MEGA da Xunta, do que cuestionou a súa eficacia e lembrou que se financia con fondos europeos, o reforzo de profesores na cidade foi de “cero”.

“Neste momento seguimos tendo os mimos problemas que tiñamos en outubro. O que pasou é que entrou en vigor o plan MEGA, pero o que fixo é pór un parche ata maio, que volveremos ter o mesmo problema”, insistiu.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...