InicioSucesosColas quilométricas na A-55 polo transporte especial dunha peza metálica de grandes...

Colas quilométricas na A-55 polo transporte especial dunha peza metálica de grandes dimensións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A autovía A-55 rexistrou estas madrugada colas quilométricas no seu tramo entre O Porriño e Vigo debido ao transporte especial dunha peza metálica de grandes dimensións.

Escoltada por varios vehículos da Garda Civil, un guindastre transportou a peza pola devandita vía durante varios quilómetros, ocupando a maior parte da calzada en dirección Vigo, o que provocou atascos pasadas as 00.15 horas deste martes.

Así mesmo, a AP-9, ao seu paso polo barrio vigués de Teis, estivo cortada por obras desde as 23.00 horas no seu punto quilométrico 1 dirección aeroporto, polo cal a alternativa era dar a volta por Rande.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...