InicioMedio Ambiente e PatrimonioUn proxecto da UVigo realiza traballos na 'raia' para diminuír o risco...

Un proxecto da UVigo realiza traballos na ‘raia’ para diminuír o risco de grandes incendios

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto Firepoctep+, liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo), iniciou actuacións sobre o terreo para diminuír o risco de grandes incendios na fronteira entre España e Portugal.

Esta iniciativa, que ten como obxectivo identificar zonas “crave” na prevención de lumes forestais ao longo da ‘raia’ e definir actuacións preventivas, comezou a levar a cabo estas “pequenas accións” para pór a proba sobre o terreo as distintas medidas dirixidas a diminuír a intensidade dos incendios.

Segundo explica o investigador principal do proxecto, Juan Picos, a idea é “tentar facer cousas que normalmente non se fan, actuacións demostrativas” que permitan avaliar os efectos sobre o terreo de iniciativas baseadas na “xestión multifuncional” dos bosques.

A primeira das accións levouse a cabo no Corno do Bico, no lado portugués. Trátase dun espazo protexido que conta cun Centro de Educación e Interpretación Ambiental, sede do Laboratorio Rural impulsado en 2021 pola Cámara Municipal, tal como recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

“A infraestrutura do laboratorio permítenos reunir axentes e investigadores de distintos campos”, indicou Picos, asegurando que esta intervención contou coa participación da Cámara Municipal, Biopolis, do Instituto de Conservaçao dá Natureza e das Forestas do Goberno portugués, da Xunta de Freguesia de Bico e Cristelo, da Asociación Portuguesa de Tracción Animal (Aptran) ou da Universidade Politécnica de Madrid.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...