InicioVigo e contornaVigoAutorizada a redacción para a construción de 44 vivendas de promoción pública...

Autorizada a redacción para a construción de 44 vivendas de promoción pública no barrio de Navia, en Vigo

En concreto, aspira a promover o aforro de 4,5 millóns anuais na factura das firmas que se acollan á mesma

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego autorizou na súa reunión semanal deste luns a licitación dun novo contrato de redacción de proxecto para a construción de 44 vivendas de promoción pública (VPP) no barrio de Navia, en Vigo, por un orzamento de máis de 411.000 euros.

Esta nova licitación correspóndese co cuarto contrato de redacción dos proxectos básicos e de execución e dirección de obra para a construción de novas vivendas, garaxes, trasteiros e locais nas parcelas do polígono 2 de San Paio de Navia, cuxas obras de urbanización están en fase de contratación por case 16,4 millóns.

Así mesmo, o Goberno galego tamén validou unha nova convocatoria de axudas para promover o aforro e a eficiencia enerxética das empresas galegas. En concreto, aspira a promover o aforro de 4,5 millóns anuais na factura das firmas que se acollan á mesma.

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e está dotada de 7,5 millóns de euros, financiados a través dos fondos comunitarios do programa Feder Galicia.

Segundo informou a Xunta, incorpora a posibilidade de subvencionar instalacións novas, así como aquelas actuacións que promovan paralelamente un certificado de aforro enerxético (CAE). A previsión é mobilizar 30 millóns, aforros de 5,1 millóns de litros de gasóleo anuais e a redución de emisións equivalente a plantar 825.000 árbores.

 

 

 

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...