InicioEconomíaNovas xornadas de paros e manifestacións convocadas por Vitrasa para reclamar "un...

Novas xornadas de paros e manifestacións convocadas por Vitrasa para reclamar “un convenio digno”

Comezarán cunha mobilización o vindeiro venres, día 8, que partirá de Praza España ás 19.00 horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea de traballadores de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano de Vigo, convocou novas xornadas de paros parciais e manifestacións e folgas para reclamar “un convenio colectivo digno”.

Desta maneira, empregados da compañía retoman así as mobilizacións tras sete meses de “paz social” e unha vez cumpridas, ao seu xuízo, as expectativas que esixía a concesionaria (recuperación de viaxeiros e reequilibrio económico por parte do Concello de Vigo).

Nun comunicado, o comité de empresa criticou que a compañía pretende deixar ao persoal sen subida salarial os anos 2021, 2022 e 2023 (cabe lembrar que o anterior convenio xa caducou a finais de 2020). Ademais, a proposta contempla incrementos entre os anos 2024 e 2027 (podendo ocorrer que xa non opere Vitrasa o transporte público, xa que a concesión é ata 2025).

“Desde o comité non entendemos como despois de recibir máis de 18 millóns de euros e recuperar viaxeiros, Vitrasa non ofrece nada aos empregados para recuperar o poder adquisitivo perdido entre 2021 e 2023, nos que o IPC se disparou”, lamentaron.

Por iso, ven “obrigados” a retomar as mobilizacións, comezando cunha manifestación o vindeiro venres, día 8 de novembro, que partirá desde a Praza de España ás 19.00 horas. Ademais, anuncian paros parciais a partir da semana do 18 de novembro.

VITRASA

Ante esta situación, Vitrasa saíu ao paso a través dun comunicado, lamentando que “unha representación minoritaria do sentir xeral do persoal poña en grave risco o futuro da empresa e dos seus propios compañeiros”, asegurando que o 60% dos traballadores non acudiu á votación.

“A empresa realiza todos os esforzos posibles para recuperar viaxeiros, pero estes novos paros frearán a evolución positiva que estaba a experimentar a compañía e convertendo unha vez máis aos cidadáns de Vigo nos principais prexudicados desta situación”, engadiu.

Así, lembrou que a oferta presentada pola firma mantiña o incremento salarial do 2% para 2021 e recollía unha subida do 3,1% desde xaneiro de 2024; dun 3,5% en 2025; dun 4% en 2026, e dun 4% en 2027. Tamén unha cláusula de revisión salarial para o período 2024-2027. Con todo, deslizou que o cesamento da recuperación de viaxeiros podería facer que non se poida manter dita oferta.

ÚLTIMAS

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...