InicioSucesosDetido un home en Vigo por unha suposta agresión á súa parella...

Detido un home en Vigo por unha suposta agresión á súa parella na vía pública

Ante a presenza dos policías, esta muller derrubouse e comezou a chorar desconsoladamente, manifestando que o home a agredira e que lle tiña medo polo seu carácter violento; así mesmo, relatou que episodios violentos se produciron tamén con anterioridade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 50 anos de idade, D.R.R., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras unha agresión á súa parella na vía pública.

Segundo informaron fontes policiais, a sala do 092 recibiu un aviso á primeira hora da tarde do pasado sábado, para acudir ao Camiño do Chouzo, xa que testemuñas presenciaran unha discusión entre dúas mulleres e un home, e sinalaban que este introducira a unha das mulleres nun inmoble contra a súa vontade.

Unha vez no lugar, os axentes observaron a estas tres persoas discutindo e, ao preguntar polo sucedido, o home asegurou que se trataba dunha discusión sen máis consecuencias.

Con todo, unha das mulleres presentaba un forte golpe na fazula e arañazos con sangue no pescozo. Ante a presenza dos policías, esta muller derrubouse e comezou a chorar desconsoladamente, manifestando que o home a agredira e que lle tiña medo polo seu carácter violento; así mesmo, relatou que episodios violentos se produciron tamén con anterioridade.

Por estes feitos, os axentes procederon á detención do sospeitoso, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...