InicioSucesosInvestigan a aparición dunha muller falecida tras caer nun coche ao mar...

Investigan a aparición dunha muller falecida tras caer nun coche ao mar en Domaio

A Garda Civil investiga as circunstancias que rodean a aparición do corpo sen vida dunha muller, flotando no mar, no municipio pontevedrés de Moaña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Garda Civil investiga as circunstancias que rodean a aparición do corpo sen vida dunha muller, flotando no mar, despois de precipitarse un vehículo ao mar no municipio pontevedrés de Moaña. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, pouco despois das 5.00 horas deste sábado, a Policía Local de Moaña informaba a Emerxencias de que unha muller que se atopaba preto do Clube de Xubilados de Domaio, no paseo litoral, presenciara como un coche se precipitaba cara ao mar.

O 112 alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo (que mobilizou a embarcación Salvamar Mirach) e Gardacostas de Galicia, ademais de Bombeiros do Morrazo, Garda Civil, Protección Civil e Bombeiros de Vigo. Fontes da Garda Civil explicaron que o condutor do vehículo, un home veciño de Moaña, atopábase no teito do coche cando foi rescatado polos bombeiros, coa axuda dun barco bateeiro para extraer o coche da auga. O home foi trasladado ao hospital Povisa, xa que presentaba signos de hipotermia.

Durante as tarefas de retirada do vehículo, foi localizado flotando na auga o corpo sen vida da muller foi localizado flotando na auga. Aínda que a vítima levaba encima un documento identificativo, non se trataba do DNI, polo que a Garda Civil aínda non informou oficialmente da identidade da muller. A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias que rodean este suceso e está á espera da realización da autopsia do cadáver, que presentaba un golpe na cabeza. Con todo, fontes da investigación matizaron que é prematuro concluír nada e “non se descarta ningunha hipótese”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...