InicioMedio Ambiente e PatrimonioNova campaña arqueolóxica nas Cíes impulsada por Xunta e UVigo sobre un...

Nova campaña arqueolóxica nas Cíes impulsada por Xunta e UVigo sobre un xacemento descuberto o ano pasado

A presenza de restos construtivos levou aos arqueólogos a determinar que o lugar ten interese para ampliar as tarefas de prospección

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo (UVigo) acaban de iniciar unha nova campaña arqueolóxica na Illa do Faro, no arquipélago de Cíes, para obter información que permita profundar no coñecemento sobre a historia e a ocupación humana pasada neste espazo, que forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o director do equipo encargado da escavación, Adolfo Fernández, presentaron este mércores en Vigo estes traballos, que se prolongarán durante cinco semanas nun xacemento localizado o ano pasado no marco duns labores de sondaxe realizadas na leira de Casa Viladomar. Nese momento quedaron ao descuberto uns restos arqueolóxicos, probablemente de época galaico-romana.

Así, durante esa primeira exploración localizouse un muro, tégulas (tellas) e diverso material cerámico, como ánforas. A presenza de restos construtivos levou aos arqueólogos a determinar que o lugar ten interese para ampliar as tarefas de prospección.

A área de escavación proposta está localizada dentro do ámbito de protección catalogado na PXOM de Vigo, moi preto doutros xacementos xa coñecidos, como o conchero das instalacións forestais e o conxunto formado polo mosteiro, a necrópole e o convento de San Esteban.

A campaña arqueolóxica, denominada proxecto Sentinela, conta co apoio loxístico e económico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e ten como obxectivo catalogar, identificar e rexistrar o patrimonio cultural do Parque Nacional.

A intervención en Cíes completará as actuacións acometidas desde 2021 no areal de Bois, na illa de Sálvora; e na fábrica de salgadura de Canexol e en Cova do Lobo, ambas as na illa de Ons.

Ángeles Vázquez sinalou que, a pesar da “prudencia” coa que deben encararse este tipo de actuacións, está convencida de que a zona escollida para os traballos en Cíes “vai ser outro espazo moi interesante” para achegar información acerca das edificiones de época romana na illa e para “pór en valor” todo o patrimonio histórico e cultural do Parque Nacional.

Respecto diso, a conselleira garantiu a continuidade das prospeccións arqueolóxicas nas illas do Parque, tanto este ano como o que vén, para o que o seu departamento destinará 123.000 euros (en parte procedentes de fondos europeos). Deste xeito, a Xunta pretende “reconstruír” a historia deste espazo natural e dos seus primeiros moradores, e aumentar así o atractivo deste lugar para os visitantes.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...