InicioSucesosAccidente sen feridos na AP-9 provoca retencións á altura de Vigo

Accidente sen feridos na AP-9 provoca retencións á altura de Vigo

O sinistro produciuse ás 12,00 horas deste mércores no quilómetro 155 da autoestrada, á saída do túnel de Candeán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente entre dous camións saldado sen persoas feridas provocou retencións durante a mañá deste mércores na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo, xa que os carrís sentido Tui quedou cortado totalmente durante media hora.

Segundo a información facilitada polo CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 12,00 horas deste mércores no quilómetro 155 da autoestrada, á saída do túnel de Candeán.

O alcance entre dous camións, que non causou feridos, si provocou problemas de circulación na zona durante uns 35 minutos, ata que a Garda Civil logrou habilitar un dos carrís do sentido sur para que puidesen pasar os vehículos.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...