InicioVigo e contornaVigoO Consorcio Casco Vello de Vigo merca un novo edificio para a...

O Consorcio Casco Vello de Vigo merca un novo edificio para a recuperación do Berbés

A rehabilitación permitirá construír novas vivendas no barrio do Berbés, onde o CCVV xa adquiriu outro dez edificios para crear 6 vivendas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV), Ana Ortiz, anunciou este xoves a adquisición doutro edificio por parte deste organismo –participado nun 90 % pola Xunta e nun 10 % polo Concello– na zona do Berbés.

O Consorcio aprobou a compra do inmoble situado no número 27 de Ribeira de Berbés (tamén con saída á rúa Pobladores) por algo máis de 324.000 euros. Trátase dunha casa composta por planta baixa e tres alturas, cunha superficie construída de 209,94 metros cadrados e cun patio na parte posterior que conta cun pozo de auga potable.

A rehabilitación permitirá construír novas vivendas no barrio do Berbés, onde o CCVV xa adquiriu outro dez edificios para crear 6 vivendas. “Estamos a cumprir unha das prioridades da Xunta, que é facilitar o acceso á vivenda aos vigueses”, sinalou Ana Ortiz.

En xullo pasado adxudicouse a reforma do número 39 de Ribeira do Berbés e outro catro edificios foron cedidos no seu momento á UVigo para a creación da súa sede urbana, e tamén se destinou outro inmoble á construción, por parte da Xunta, do Albergue de Peregrinos Juan Manuel López Chaves. O Consorcio adquiriu tamén o edificio situado no número 7, pendente de rehabilitación.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...