InicioSociedadeA Xunta inviste 8,2 millóns na construción de 38 novas vivendas protexidas...

A Xunta inviste 8,2 millóns na construción de 38 novas vivendas protexidas no barrio de Navia

Trátase do sexto grupo de vivendas que se licita

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou este luns a contratación das obras para a construción de 38 novas vivendas de promoción pública no barrio vigués de San Paio de Navia, que suporán un investimento de 8,2 millóns de euros.

Tal como informou o Goberno galego, trátase do sexto grupo de vivendas que se licita en Navia. O cinco primeiros grupos xa licitados suman 163 pisos, aos que agora se lle suman 38. Esta nova contratación permitirá a construción dun edificio de nova planta con 38 vivendas protexidas, así como os seus respectivos 38 trasteiros e 70 prazas de garaxe. O inmoble terá catro plantas e tres sotos.

En concreto, das 38 vivendas, 20 serán de tres dormitorios e 18 de dúas habitacións. Terán unha superficie de entre 72 e 79 metros cadrados estas últimas, mentres que as máis grandes, uns 90 metros. Haberá dúas vivendas adaptases a persoas con mobilidade reducida, que estarán no ático e disporán de tres dormitorios e unha superficie de 101 metros. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé licitar as obras de inmediato, co obxectivo de que estean terminadas en 2026, segundo indica a Xunta.

O Goberno galego lembrou que empezará leste mesmo ano a construción das primeiras vivendas de promoción pública da ampliación de Navia, que en total contará con ata 1.600 pisos protexidos novos, entre promoción pública e privada.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...