InicioPolíticaRueda, preparado para negociar con Caballero

Rueda, preparado para negociar con Caballero

Pedirá o desbloqueo da ETEA, as pistas de Balaídos e a sinalización do Camiño no encontro con Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O desbloqueo da urbanización da ETEA, a reforma das pistas de Balaídos, ou a sinalización do Camiño de Santiago ao seu paso por Vigo son algunhas das cuestións que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, porá sobre a mesa no encontro que manterá este martes co rexedor olívico, Abel Caballero.

Así o avanzou en rolda de prensa a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, que tamén participará no encontro, o primeiro que se celebra entre Rueda e Caballero, e o primeiro do alcalde cun presidente da Xunta desde o ano 2015, cando mantivo unha reunión co entón titular do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Ana Ortiz explicou que, entre os temas a abordar, exporase o desbloqueo da urbanización do PS1 no ámbito da ETEA e lembrou que, debido á posición do Concello, está paralizada o investimento de 27,5 millóns de euros (entre a urbanización do ámbito, a reforma da Praza de Armas e a construción dunha residencia de maiores a cargo da Fundación Amancio Ortega).

Ortiz tamén explicou que seguen sen investirse os 3 millóns que a Xunta tiña tiña reservados para a reforma das pistas de Balaídos; do mesmo xeito que o millón de euros que se ía a destinar ao saneamento de Teis, que non se puideron executar porque o Concello “incumpriu o convenio” e non expropiou os terreos necesarios.

A posta en marcha da área Metropolitana, que “non ten sentido sen o transporte metropolitano“; a instalación dunha sede do CGAC no Casco Lanuxe; ou a sinalización do Camiño Portugués ao seu paso por Vigo (“a única cidade de Europa” que non aceptou sinalizalo), serán outras das cuestións que se tratarán na reunión do 25 de xuño.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...