InicioSucesosDetida unha muller tras entrar na vivenda da súa exparella e morderlle...

Detida unha muller tras entrar na vivenda da súa exparella e morderlle na cara

Por un delito de violación de morada e outro leve de lesións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller, A.M.V. de 38 anos de idade, foi detida na noite do pasado sábado en Vigo tras entrar na casa da noiva da súa exparella e morderlle ao home na cara. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 23.20 horas na Travesía de Mantelas, onde un home chamou aos axentes para alertar de que unha muller estaba a golpear a porta con gran violencia.

Unha vez no punto, o home explicou aos funcionarios que minutos antes escoitaran graves insultos e ameazas mentres golpeaban a porta, sendo a exparella do home, que logrou romper un cristal e abrir a porta. Cando accedeu ao domicilio, dirixiuse cara ao home e mordeulle na fazula, abandonando á carreira o lugar entre insultos.

Por iso, comezou a procura da muller, sendo localizada cun elevado grao de nerviosismo, recoñecendo os feitos, polo que foi detida por un delito de violación de morada e outro leve de lesións.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...