InicioSucesosDetida en Vigo unha moza de 19 anos de idade por agredir...

Detida en Vigo unha moza de 19 anos de idade por agredir a unha camareira cun vaso na cara

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local detiveron o pasado fin de semana a unha moza de 19 anos de idade, A.O.R., como presunta autora dun delito de lesións, tras golpear á camareira dun local de lecer na cara cun vaso.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, cando o 092 recibiu unha chamada para acudir a un local da rúa Inés Pérez de Ceta, por unha suposta agresión a unha traballadora.

Unha vez alí, os axentes entrevistáronse con testemuñas e coa prexudicada, que relatou que unha moza se achegou a pedirlle unha folla de reclamacións e que, sen motivo algún, comezou a agredila, colléndoa polo pelo e tentando sacala por encima da barra.

Así mesmo, explicou que a moza lle lanzou un vaso contra a cara, causándolle un corte profundo na cella esquerda, e engadiu que outro tres mulleres que acompañaban á moza sumáronse á agresión dándolle golpes na cara e na cabeza. A muller ferida tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Os policías entrevistáronse coa sospeitosa, que de maneira voluntaria e libre manifestou que, momentos antes, a camareira déralle unhas losqueadas na fazula e que ela respondera rompéndolle un vaso na cara.

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

A CIG denuncia a falta de persoal médico en centros sanitarios da área de Vigo

O sindicato CIG-Saúde denunciou este luns a falta de persoal médico en varios centros...