InicioPolíticaO BNG demanda a Transportes o arranxo urxente da autovía A-55 entre...

O BNG demanda a Transportes o arranxo urxente da autovía A-55 entre Vigo e Tui

Para os nacionalistas, "o mal estado da calzada e o elevado número de coches que circulan a diario pola vía" supón "un risco para a seguridade viaria".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG rexistrou no Congreso e no Senado iniciativas para demandar ao Ministerio de Transportes actuacións urxentes para rehabilitar e reformar o firme da autovía A-55 entre Vigo e Tui.

Para os nacionalistas, “o mal estado da calzada e o elevado número de coches que circulan a diario pola vía” supón “un risco para a seguridade viaria”. Así, a senadora Carme da Silva e o deputado Néstor Rego sinalaron a necesidade de eliminar a presenza de “grandes buracos” e o “mal estado do firme en xeral”.

Segundo detalla o BNG nunha nota de prensa, no últimos seis anos, na A-55 producíronse 1.500 accidentes e case 1.000 persoas resultaron feridas. De facto, en 2023, esta autovía rexistrou “os peores datos de sinistralidade, practicamente cun accidente por día” e ata se produciron “tres mortes en accidentes entre Vigo e O Porriño, considerado o traxecto máis perigoso”.

“A pesar dos datos que se manexan e de que a propia DXT advirte da existencia de numerosos buracos no firme, o Ministerio de Transportes continúa sen adoptar ningunha medida que teña como fin o seu arranxo e, por tanto, a mellora da seguridade viaria”, lamenta o BNG.

Ante esta situación, o Bloque rexistrou iniciativas nas Cortes para coñecer as causas polas que o Goberno “aínda non adoptou ningunha medida para mellorar o estado do firme na A-55”, sobre todo no tramo entre Vigo e O Porriño.

Paralelamente, a organización nacionalista urxe ao Ministerio de Transportes a levar a cabo a rehabilitación e reforma do firme nesta autovía co obxectivo de mellorar a seguridade.

ÚLTIMAS

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...