InicioSociedadeCondena de 8 anos de cárcere a un avó por agredir sexualmente...

Condena de 8 anos de cárcere a un avó por agredir sexualmente da súa neta de 11 anos en Vigo

A Audiencia condenouno a oito anos de cárcere por un delito de agresión sexual, fallo que agora ratifica o TSXG. Cabe recurso ante o Tribunal Supremo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, na que condenou a oito anos de cárcere a un avó materno por agredir sexualmente á súa neta, cando tiña 11 anos, no domicilio familiar en 2019.

Así mesmo, terá que pagar unha indemnización de 6.000 euros á vítima polo dano moral sufrido. A pesar de que inicialmente Fiscalía solicitaba ata 15 anos de prisión, a Audiencia condenouno a oito anos de cárcere por un delito de agresión sexual, fallo que agora ratifica o TSXG. Cabe recurso ante o Tribunal Supremo.

O home tamén queda inhabilitado para calquera profesión, oficio ou actividade, sexan ou non retribuídas, que leve contacto regular e directo con menores, por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de privación de liberdade.

Os feitos ocorreron en 2019, cando a menor estaba a piques de cumprir 11 anos. O avó convivía de forma temporal en casa da súa filla, e coincidía eventualmente coa súa neta na mesma vivenda, xa que a nena vivía entón co seu pai, que ten a custodia, e visitaba periodicamente á súa nai.

Foi na vivenda da nai onde tivo lugar a agresión sexual e onde o avó estaba a residir tras separarse da súa parella. O acusado, segundo declarou, durmía no sofá e “nunca” ía á habitación da nena, salvo para coller algún dos seus aveños, que estaban nese dormitorio, ou para cambiarse, sempre en ausencia da menor. Tal como explica a sentenza, en xullo de 2019, cando a menor xa estaba no seu dormitorio, deitada na cama para durmir, o seu avó entrou na estancia e díxolle se podía deitarse con ela, “non negándose a menor, pois pensaba que era para durmir”.

“Unha vez que o procesado subiuse á cama, e movido por un claro ánimo libidinoso, procedeu a botarse sobre a menor, comezando a tocala por todo o corpo, facéndoo por encima do pixama”, recolle a sentenza. Mentres, a menor conseguiu zafarse del e refuxiouse no cuarto de baño.

Á súa saída, o agora condenado estaba a esperala e, cando a vítima se subiu á cama, ao pouco tempo el tamén, baixándolle o pantalón á súa neta e comezando a tocala, “pero sen que houbese penetración”. Ao día seguinte, a nai da menor botou de casa ao home por atopalo na cama da nena.

 

 

 

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...