InicioSociedadeO temporal provoca danos en varios ascensores e ramplas mecánicas do Concello...

O temporal provoca danos en varios ascensores e ramplas mecánicas do Concello de Vigo

O goberno local olívico informou de que na actualidade está a traballar para pór en marcha elementos do chamado Vigo Vertical.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O temporal rexistrado nos últimos días en Galicia provocou multitude de danos no Concello de Vigo, deixando sen funcionamento varios ascensores e ramplas mecánicas da cidade. Nun comunicado, o goberno local olívico informou de que na actualidade está a traballar para pór en marcha elementos do chamado Vigo Vertical que foron afectados as condicións meteorolóxicas adversas.

Así, xa están operativas as ramplas mecánicas de Gran Vía e as escaleiras de II República, mentres continúan as obras nos ascensores da rúa Pizarro e no que conecta Menéndez Pelayo con Camelias.

“No caso do ascensor do Parque Camilo José Cela, é necesario acometer primeiro a reparación dunha tubaxe da rede de saneamento, que provocou danos na parte baixa da mecánica do ascensor, polo que se arranxará en canto acaben eses traballos”, engadiu o Concello.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...