InicioSociedadeMiles de persoas esixen en Vigo o fin das violencias machistas e...

Miles de persoas esixen en Vigo o fin das violencias machistas e pon o foco na muller traballadora

Abel Caballero, Carmela Silva e José Ramón Besteiro tamén participaron nesta marcha.

PUBLICADO O

Miles de persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para clamar o fin das violencias machistas e para esixir a igualdade real entre homes e mulleres con motivo do Día Internacional das Mulleres, que se conmemora este 8 de marzo.

Un ano máis, Feminismo Unitario de Vigo foi a organización encargada de convocar a manifestación, que partiu desde a Praza de España ás 20,00 horas e percorreu diferentes rúas da cidade olívica ata desembocar na Porta do Sol. Batucadas, bandeiras feministas e do colectivo LGTBIQ+ acompañáronas durante máis dunha hora de traxecto.

A concentración estaba encabezada por unha pancarta que rezaba ‘O feminismo defende dereitos. O machismo, violencias e privilexios. 8M Xuntas somos máis fortes‘. Detrás desta, miles de persoas, na súa maioría mulleres, reivindicaron a igualdade.

Nin sumisas, nin pasivas. Somos mulleres combatibas‘; ‘Non é a minisaia, non é o pantalón. Na mente do machista está a provocación’; ‘Deixa pasar, son feminista e o mundo vou cambiar’; ‘Non é un caso illado, é o patriarcado’, foron algunhas de consígnas que se escoitaron ao longo da manifestación que, a pesar da choiva, non impediu que máis xente se sumase a medida que ía baixando pola rúa Gran Vía.

Tamén houbo cánticos dirixidos aos políticos, como ‘Menos discursos e máis recursos’ ou ‘Fóra machistas das institucións’. Nesta ocasión, Feminismo Unitario de Vigo quixo pór o foco na muller traballadora, indicando que nos últimos anos o 8M converteuse tamén nunha consigna utilizada por parte dos medios de comunicación e do capitalismo, “apropiándose da loita das mulleres”. Por iso, reivindicaron que se trata dunha “cuestión de clase”.

En declaracións a Europa Press, Raquel Crespo, representante da organización, puxo en valor que, a pesar da choiva, miles de mulleres desprazáronse para acudir á manifestación este 8 de marzo xa que “razóns non faltan”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén se quixo sumar á loita do feminismo, asistindo á concentración xunto á presidenta do PSdeG, Carmela Silva, e ao deputado electo José Ramón Gómez Besteiro. Eles reclamaron os dereitos das mulleres “hoxe máis que nunca”, criticando que Vox e o PP “neguen a violencia machista”. “É momento de lembrar que hai unha forza política que se opón a esta acción, Vox, e o PP a blanquea pactando con eles”, lamentou Caballero. Besteiro reivindicou “o moito que queda por conseguir” para lograr a “igualdade real”. Tamén indicou a necesidade de que as administracións destinen un 2% dos seus orzamentos a políticas de igualdade.

Así, a pancarta do PSdeG foi unha das moitas que se puideron ver entre a manifestación, que contou con diversos colectivos feministas que representan sensibilidades distintas. Un deles, mesmo, estaba formado por decenas de mulleres vestidas con sabas brancas e con careta branca en representación das que “xa non están”.

CONSELLO MUNICIPAL DÁ MULLER

Precisamente na mañá deste venres no Concello de Vigo levou a cabo un pleno específico do Consello Municipal dá Muller, que está formado por entidades que loitan polos dereitos das mulleres. Tras el, unha destas entidades denunciou “transfobia” nun dos discursos pronunciados por outra asociación. En concreto, foi Nós Mesmas a que anunciou que abandonaba o Consello, tras anos formando parte do mesmo, despois de escoitar as palabras da portavoz de Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG).

Cando tomaron a palabra, desde MNG indicaron a necesidade de “seguir loitando” contra “teorías acientíficas queer” que pretenden, ao seu xuízo, destruír o movemento feminista con afirmacións como que “ser muller é un sentimento”, tal como se recolle na lei Trans. Así, Nos Mesmas solicitou a eliminación desas declaracións, ao consideralas “transfóbicas”. Con todo, estas palabras non se borraron do discurso e, segundo lamentan, non houbo máis alegacións por parte do resto de entidades.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...